miércoles, febrero 08, 2017

RUBEN QUINTAS PRESIDENTE DO PP DE MACEDA

O PP de Maceda renovou seu liderado coa elección de Rubén Quintas como presidente local, no congreso local, acto que foi clausurado polo presidente do PP de Ourense. Manuel Baltar, quen destacou na clausura do congreso o importante pulo que ten experimentado a vila macedá da man de Rubén Quintas e afirmou que o partido en Maceda “está e nótase”, “traballando para impulsar proxectos dinamizadores para esta contorna”.  Rubén Quintas, pola sua banda, agradeceu a confianza dos militantes e expresou a importancia “de seguir convertendo esta ilusión en iniciativas para os veciños de Maceda”

No hay comentarios: