miércoles, febrero 08, 2017

SE INTENSIFICA A LOITA CONTRA O FRAUDE FISCAL

A Xunta intensifica a loita contra a fraude fiscal e fai aflorar 139 millóns de euros de débeda non declarada en 2016. Feijóo, avanzou que o Goberno galego intensificou a loita contra a fraude fiscal, para reducir ao mínimo o número de persoas que non cumpren coas súas obrigas co resto da sociedade, e en 2016 fixo aflorar, a través da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), 139 millóns de euros de débeda non declarada.
Segundo precisou o xefe do Executivo galego, do informe da Axencia Tributaria que hoxe coñeceu o Consello da Xunta despréndese que o ano pasado comprobáronse 280.400 autoliquidacións do Imposto de Transmisións Patrimoniais e do Imposto sobre Sucesións e Doazóns. Trátase dos dous tributos que concentran a maior parte dos ingresos tributarios que xestiona a Xunta. Isto supuxo un 6% máis de comprobacións que en 2015.
Neste senso, unha das conclusións máis satisfactorias é que a fraude fiscal baixou en 2016, pois o 92% das autoliquidacións eran correctas, fronte ao 88% do ano anterior. Isto pon de manifesto que a inmensa maioría dos galegos paga os seus impostos en tempo e forma.
Para as persoas que non cumpriron, a Atriga practicou 23.000 liquidacións, unha cifra que en consecuencia é menor que a de 2015. Froito deste labor de xestión, detectáronse 102,6 millóns de débeda tributaria sen declarar.
No que atinxe á área de inspección, a Atriga triplicou as actuacións realizadas sobre grandes patrimonios e, por estas vías, obtiveron 36,3 millóns de euros.

No hay comentarios: