miércoles, marzo 15, 2017

A ABSTENCIÓN DO PP FOI DETERMINANTE NA APROBACIÓN DOS ORZAMENTOS DA DEPUTACION DE LUGO

A abstención do PP de Lugo foi determinante para que se aprobasen as contas da Deputación de Lugo para o ano 2017, posto que solo coa abstención do BNG non sería suficiente para que saíran adiante. Se o PP votara en contra quedaría rexeitado ao ter 12 deputados, fronte aos 11 do Goberno.
Elena Candía explicou que xa no Pleno do 27 de novembro de 2012 o Grupo Provincial do PP defendía tres emendas para mellorar o orzamento. A primeira delas para destinar máis de 13 millóns de euros ao Plan de Obras e Servizos e explicando as partidas de onde ía saír esta contía. A segunda; pedíamos que se destinaran os 2,5 millóns de euros do Plan de Cooperación ás Entidades Especiais a un plan de cooperación cos concellos, coa elaboración dunha bases específicas e por último; a terceira emenda solicitaba o aboamento do 100% do SAF. “Todas estas contías equiparábanse aos 20 millóns de euros que hoxe integra o Plan Único”, apuntou. Candia remarcou o acordo acadado e a felicitación a todos os partidos políticos. “Partimos de xuño de 2016, onde se asentaron as bases e había posibilidades, aínda que fóra de prazo, de levar este orzamento en decembro ou novembro”.

No hay comentarios: