jueves, marzo 16, 2017

“O PARTIDO NON PARA”


Miguel Tellado  insistiu na idea de que “o partido non para”, e lembrou que esta fin de semana se celebrarán os congresos locais de Porto do Son, Carral e Caldas, así como que nas próximas semanas están convocados en arredor dunha ducia de concellos como A Coruña, Negreira ou Mugardos, entre outros. Así mesmo, sinalou que ve cada unha destas citas “como unha oportunidade de activar o partido en cada municipio, fortalecer os equipos que hoxe son goberno e comezar a construír a alternativa alá onde non o son”. “Fronte aos partidos nos que as asembleas ou as primarias son unha batalla campal que sempre acaba en purga, os nosos congresos son unha fonte de debate que supoñen a entrada de savia nova a todos os niveis”.