jueves, mayo 18, 2017

UNHA MOSTRA MAIS DE FALTA DE RESPETO INSTITUCIONAL

O voceiro do Grupo Municipal do PP e deputado provincial, José Manuel Yanes Ginzo, afea a falta de respecto institucional que teñen amosado no día de hoxe o presidente da Deputación, o socialista Dario Campos, e a alcaldesa de Trabada, Mayra García, ao non convidar ao principal partido da oposición á súa visita á localidade.
O ex rexedor e deputado provincial critica a actitude dos responsables máximos do Concello e da Deputación de Lugo, habida conta de que Yanez Ginzo forma parte non só da Corporación provincial, senón que o PP representa á metade do corpo electoral de Trabada, posto que a diferenza entre ambos os partidos nas pasadas eleccións foi de 34 votos.
Yanes Ginzo precisa ademais que as obras que hoxe visitarán o presidente da Deputación e a alcaldesa son posibles grazas ao apoio dos Presupostos da institución provincial por parte do Grupo Provincial do PP. “Ás veces esquecen que na Deputación hai un Goberno en minoría e que as melloras en dotacións públicas municipais ou no Servizo de Axuda Fogar e de Teleasistencia non poderían ser unha realidade sen o traballo e o apoio que o PP lle deu ás contas provinciais”.
Así, o popular reivindica o papel que xogou do PP nas obras que hoxe visitan, así como a intervención na rede viaria, en puntos como Vidal, “non sen tempo”. “Como deputado síntome útil nas melloras que estamos a demandar e conseguir para Trabada, polo que non podo compartir esta falta de respecto e desprezo que hoxe se me está a dar desde o Concello e desde a Deputación”, resume.

No hay comentarios: