lunes, junio 19, 2017

PUY PREOCUPADO POLA REESTRUCTURACION BANCARIA EN GALICIA

Cuestionado Pedro Puy sobre a compra do Banco Popular por parte do Banco Santander, asegurou que o Goberno galego “vai analizar a situación e interesarse polas transformacións que poida haber na estrutura deste entidade financeira”. “No suposto de que a tendencia previsible sexa a supresión de oficinas e postos de traballo, tentaremos que o dano sexa o menor posible para o conxunto do emprego e da economía galega”.
O portavoz popular lembrou o acordo acadado o pasado venres no Parlamento para solicitar ao Goberno que elabore un informe sobre como está incidindo o proceso de reestruturación bancaria na atención aos clientes. Deste xeito, apuntou que “a integración do Banco Santander e o Banco Popular resulta unha situación que o informe aclarará se incorre en riscos de tendencia ao oligopolio e sitúa aos consumidores nunha situacións de desvantaxe”.
Sobre as críticas da oposición á actuación do Goberno galego neste asunto, manifestou que “non deixa de ser a típica demagoxia e o típico tic automático destes grupos da oposición, que o único que saben facer é botarlle a culpa ao Goberno de todos os males que pasan”. Así, cualificou de “política baseada na incongruencia e na descualificación que non resiste o máis mínimo análise”.

No hay comentarios: